IX CONCURSO LITERARIO INTERNACIONAL “ÁNGEL GANIVET”

ganivet

A Asociación de Países Amigos (A.P.A.), con sede en Helsinki, convoca o IX Concurso Literario Internacional “Angel Ganivet“, que contempla modalidades de conto e poesía.
O Concurso propón os seus xéneros con carácter bianual, correspondendo a convocatoria desta IX Edición ao xénero de poesía.

  • Xénero: Poesía
  • Premio: cincocentos euros e diploma
  • Aberto a: maiores de idade
  • Entidade convocante: Asociación de Países Amigos (A.P.A.)
  • País da entidade convocante: Finlandia
  • Data de peche: 1 de Agosto de 2015

Poden participar todas as persoas maiores de idade (é dicir que cumprisen os 18 anos) que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que presenten poemas (unha obra por cada concursante) en lingua española, orixinais e inéditos, non publicados en ningún tipo de formato nin total nin parcialmente (incluído Internet), non premiados ou pendentes de fallo noutros concursos, ou á espera de resposta nun proceso editorial.

As bases completas atópanse na seguinte ligazón.

Semana da poesía salvaxe

By Arca.cat, L'Atlàntida (Arca.cat, L'Atlàntida) [Public domain], via Wikimedia Commons

Na emblemática praza do cruceiro de Canido deu comezo a oitava edición da Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol, do 22 ó 25 de abril.

Ligazón á nova en “noticiasdegalicia.com”.

Feliz día do libro!!

By Visof (Own work) [CC BY-SA 3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0)], via Wikimedia Commons

O Día do Libro é unha celebración a nivel mundial promulgado pola UNESCO co obxectivo de fomentar a lectura. Un día, o 23 de abril, que foi elixido por coincidir o falecemento de dous ilustres escritores, Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Recentemente faleceron tamén dous grandes da literatura mundial, Eduardo Galeano e Günter Grass, que mellor día hoxe pois para lembrar algunha das súas palabras:

“Hay un único lugar donde ayer y hoy se encuentran y se reconocen y se abrazan. Ese lugar es mañana.” Eduardo Galeano

“Incluso los malos libros son libros, y por lo tanto sagrados.” Günter Grass

Ferrol acollerá a súa próxima Feira do Libro entre os días 22 e 26 do mes de abril

FeriaDelLibro

Hoxe, día 22, comeza a andar unha nova edición da Feria do Libro de Ferrol. A feria está organizada  pola Federación de Librarías de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que organizan esta actividade polas catro provincias galegas, e estará ubicada na praza da Constitución ata o próximo Domingo día 26.

Pasamentos

Gunter_Grass
Günter Grass
Eduardo_Galeano
Eduardo Galeano

 

 

 

 

 

 

O martes 13 de abril faleceron os dous escritores, un en Uruguai e o outro en Alemaña.

Dous escritores admirados en todo o mundo deixáronnos esta semana. Como acontece con William Shakespeare e Miguel de Cervantes cada 23 de abril (que se celebra o Día do Libro porque ámboslos dous escritores faleceron ese día), o 13 de abril será lembrado porque foi o mesmo día no que faleceron o uruguaio Eduardo Germán Hughes Galeano (74 anos) e o alemán Günter Wilhelm Grass (87 anos). Aínda que ámbolos dous percorreron o mundo enteiro e son admirados e lidos en todo o planeta, os dous faleceron nos respectivos países que os viron nacer.
(máis…)

Aínda estas a tempo! Participa no noso concurso de microrrelatos!!

concursoMicrorrelatos

O Equipo de dinamización da lingua galega do CIFP Rodolfo Ucha(Edlg)convoca un concurso de microrrelatos para fomentar a expresión e a creación en lingua galega no alumnado do centro.

Os alumnos ou alumnas matriculados no centro no ano 2014-2015 que desexen participar terán que elaborar un único microrrelato en lingua galega, dunha extensión máxima de 150 palabras, que deberá integrar en calquera posición o enunciado seguinte: Non vacilo en quitar o abrigo.

(máis…)

Exposición “A cultura naval no coleccionismo” no centro torrente ballester.

circulonumismatico

O Cículo filatélico e numismático de Ferrol inaugurou o pasado 14 de Abril no centro Torrente Ballester a súa exposición “A cultura naval no coleccionismo” que estará aberta ao público ata o próximo día 28 de Abril en horario os luns de 17.30 a 20.30 horas e de martes a sábado de 11.30 a 13.30 horas.

En dita exposición poden verse obxectos pertencentes a entidade ou ós seus socios que van dende selos, postais, moedas ata fotografías antigas pouco coñecidas de Ferrol  e o seu entorno.

Ata o vindeiro curso!

Nesta víspera de San Xoán, o blog da biblioteca pecha até o próximo curso. Esperamos que os artigos aquí publicados foran do voso interese e por suposto desexámosvos unhas estupendas vacacións cheas de soliño, festas e relaxación para afrontar os novos proxectos coas pilas ben cargadiñas.

Despedímonos coa mágoa de saber que para o ano seguinte o noso centro xa non contará co Bacharelato na súa oferta educativa. Perdemos unha parte moi importante da nosa comunidade escolar, e referímonos aquí sobre todo ós alumnos e ós profesores, que tan activamente colaboraron coa posta en marcha deste blog.

Saúdos agarimosos!!!

Noraboa ós aprobados da Selectividade

Xa que desde a web do Centro non se felicitou, quero desde aquí dar os parabéns ós 16 aprobados (de 18) no Selectivo.

O derradeiro Recuncho do lector: “Non hai noite tan longa” de Agustín Fernández Paz

A recén publicada novela do Fernández Paz, e un ata sempre de Pedro

Cun estilo limpo e rico ó mesmo tempo, o novelista vilalbés cóntanos unha historia que xunta memoria, dignidade, misterio e ó final, redención persoal. Unha vila rural, un “roxo” inxustamente acusado, todas as miserias e silencios dun mundo escuro, merdallento e esmagante, dominado polo máis noxento do Franquismo. Un retrato das miserias morais que permitiron acusar a un home íntegro e inocente, a reparación dun fillo que marchou a Francia e que volve trinta anos despois  e un  proceso de redención persoal que lava a imaxe do seu pai e fai xustiza co señorito culpábel. Como todas as novelas de Paz, unha marabillosa historia e moi ben escrita. Anímovos a todos á súa lectura. Nestes tempos de indignidade e incertos un alento de memoria sempre está moi ben.

Histórico