Home » Referencias a autores » Iván García Campos

Category Archives: Iván García Campos

Nunha charla amena e moi interesante Iván García Campos debullou a súa novela para os alumnos de 1º de Bach.

De autor a autora, Iván asínalle o libro a Andrea, a nosa escritora de 16 aniños

         O autor premiado este ano co Premio Blanco Amor de novela (“O imposible de desatar”) falounos na Biblioteca do Centro da súa obra. Nun ambiente de atención e interese Iván explicounos moitos aspectos da novela, desde o seu concepto da obra literaria ata o proceso de presentación ó premio. Logo da exposición houbo un animado coloquio no que alumnos dos Bacharelatos (ordinario e adultos) preguntaron por diversos aspectos da obra. Finalmente Iván prestouse amablemente a asinar distintos exemplares. Desde este blog queremos agradecerlle a súa colaboración e darlle as grazas pola súa visita.

O vindeiro martes, 24 de maio( á tardiña 17.15) estará connosco na Biblioteca o último gañador do”Premio Blanco Amor de Novela”

       

O escritor e a portada da súa novela premiada

 O próximo martes Iván García Campos virá  falarlles ós alumnos de 1º de Bacharelato da súa novela publicada en Galaxia e premiada co “Blanco Amor 2010”: “O imposible de desatar“. Escritor de relatos curtos e profesionalmente vinculado ó mundo do deporte Iván aborda nesta súa primeira novela o mundo da familia e todos seus segredos máis fondos. Agardámolo expectantes.

Histórico