Home » Referencias a autores » Álvaro Cunqueiro

Category Archives: Álvaro Cunqueiro

O arquivo sonoro de Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro

Neste 2011 celebramos os 100 anos do nacemento dun dos escritores máis ricos e fecundos da nosa literatura, Alvaro Cunqueiro.

Como parte dos actos de celebración deste centenario, o Consello da Cultura Galega acaba de publicar na súa web unha selección de rexistros sonoros do mindoniense. Agora temos a oportunidade de escoitar,  entre outras pezas, a entrevista que lle fixo Margarida Ledo en 1973,  conferencias sobre os personaxes de Dante no Camiño de Santiago, as estruturas do mundo máxico galego ou a súa intervención cando foi nomeado Doutor Honoris Causa na Universidade de Santiago.

Histórico