Home » Referencias a autores

Category Archives: Referencias a autores

Encontro con Xavier Alcalá no IES Sofía Casanova

http://www.aelg.org/Centrodoc/GetPhotosByAuthor.do?authorId=autor237

O día 12 de Maio, Xavier Alcalá mantivo un encontro no IES Sofía Casanova de Ferrol. En relación con dito encontro, no IES Sofia Casanova elaboraron un magnifico traballo que recolleron na seguinte páxina. Compre salientar un interesante roteiro por Ferrol e arredores baseado na novela A nosa cinza.

Podedes atopar mais información no blog da biblioteca do IES Sofía Casanova.

Elixido o autor das Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

Poeta de espírito reflexivo e sentimental, biógrafo de Castelao, modelo de integración de inquedanzas e saberes, VPA foi unha figura poliédrica e renacentista, onde as súas preocupacións arredor da economía e da empresa enxartábanse na mesma tarefa de desenvolver un proxecto político e cultural que sacase a Galicia da marxinación e o abandono, como sinalou nese libro fundamental da súa longa bibliografía La marginación de Galicia (1970). Toda a súa vida, pois, resúmese no compromiso expresado polo sintagma Galicia como tarefa, o título, tamén, dun dos seus ensaios máis emblemáticos, publicado en 1959 pola editorial Galicia do Centro Galego de Buenos Aires.

Tirado do blog Brétemas

Nunha charla amena e moi interesante Iván García Campos debullou a súa novela para os alumnos de 1º de Bach.

De autor a autora, Iván asínalle o libro a Andrea, a nosa escritora de 16 aniños

         O autor premiado este ano co Premio Blanco Amor de novela (“O imposible de desatar”) falounos na Biblioteca do Centro da súa obra. Nun ambiente de atención e interese Iván explicounos moitos aspectos da novela, desde o seu concepto da obra literaria ata o proceso de presentación ó premio. Logo da exposición houbo un animado coloquio no que alumnos dos Bacharelatos (ordinario e adultos) preguntaron por diversos aspectos da obra. Finalmente Iván prestouse amablemente a asinar distintos exemplares. Desde este blog queremos agradecerlle a súa colaboración e darlle as grazas pola súa visita.

O vindeiro martes, 24 de maio( á tardiña 17.15) estará connosco na Biblioteca o último gañador do”Premio Blanco Amor de Novela”

       

O escritor e a portada da súa novela premiada

 O próximo martes Iván García Campos virá  falarlles ós alumnos de 1º de Bacharelato da súa novela publicada en Galaxia e premiada co “Blanco Amor 2010”: “O imposible de desatar“. Escritor de relatos curtos e profesionalmente vinculado ó mundo do deporte Iván aborda nesta súa primeira novela o mundo da familia e todos seus segredos máis fondos. Agardámolo expectantes.

Estupendo traballo sobre LOIS PEREIRO

Pinchando na imaxe

Realizado polo CEIP A Ponte

Coñecemos a Lois Pereiro, Letras Galegas 2011

 

Convidamos a toda a comunidade escolar á exposición conmemorativa sobre Lois Pereiro situada no vestíbulo. Nesta mostra de quince carteis podemos apreciar particularidades da figura e tamén das obras do escritor ao que se lle adican o Día das Letras Galegas 2011.

Morre ós 99 anos o escritor arxentino Ernesto Sábato

"Lo admirable es que el hombre siga luchando y creando belleza en medio de un mundo bárbaro y hostil"

O pasado sábado morreu un dos representantes do “boom” hispanoamericano: o arxentino Ernesto Sabato. Foi autor de novelas tan coñecidas como “El túnel” e “Sobre héroes y tumbas”. Sabato, que estaba a piques de cumprir cen anos, a miúdo se laiaba de que ” a vida é tan curta e o oficio de vivir tan difícil, que cando un empeza a aprendelo, hai que morrer”.

Feito por Norma Fariña

“Mundo Lois” páxina do espectáculo sobre o autor das Letras 2011

Dirixido por Antón Reixa percorre toda Galicia

Xa temos páxina oficial do autor das Letras Galegas Lois Pereiro

 

A través do blog Mil primaveras máis

Xa temos a páxina oficial de Lois Pereiro. A obra e a vida deste gran artista nunha nova canle de difusión, chea de contidos audiovisuais, cun programa sobre futuros actos  arredor del. Esta web pretende servir de plataforma de difusión das publicacións e eventos que se están a celebrar sobre o poeta monfortino ao que este ano se lle dedica o Día das Letras

Para máis información: http://loispereiro.blogaliza.org/

(máis…)

Nova páxina adicada ó ilustre ferrolán Carvalho Calero

Ademais da exposición adicada ó noso ilustre autor(foto da visita que fixeron os alumnos de 2º de bacharelato á mesma), a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra en colaboración co Concello de Ferrol elaboraron e impulsaron unha nova páxina web:: www.ferrolconcarvalhocalero.com

Histórico