Home » Recursos da Internet

Category Archives: Recursos da Internet

Orixinal e interesante web para a mocidade lectora”Yosoyleeder”

Impulsada polo Ministerio de Cultura e nas catro linguas do Estado, incluído o galego, é unha fiestra ós mozos e mozas interesados pola lectura e o mundo dos libros

A Biblioteca Anxel Casal de Santiago, pioneira en España, pon 1/2 centenar de «e-readers» a disposición dos seus usuarios

 

A súa directora, Carina Fernández Faya

A Biblioteca Pública Ánxel Casal, de Santiago, é desde onte mesmo una das poucas bibliotecas españolas, exactamente 15, que contan cun novo servizo: o préstamo de dispositivos de lectura de libros en formato electrónico. A súa directora, Carina Fernández Faya, presentou esta nova prestación que ofrecerá a Ánxel Casal para, segundo explicou, «facer accesible a información e a cultura a todos vos seus usuarios», obxectivo de toda biblioteca pública. Os lectores da Ánxel Casal, por tanto, xa teñen á súa disposición 48 destes aparellos: 20 para levar ao seu domicilio, 8 para consulta na sala e outros 20 para os integrantes dos seus clubs de lectura.

Por medio de “la Voz de Galicia”

“Mundo Lois” páxina do espectáculo sobre o autor das Letras 2011

Dirixido por Antón Reixa percorre toda Galicia

Charla na Biblioteca sobre a seguridade na INTERNET

Hoxe, xoves 24 de marzo, na biblioteca, os alumnos de 1º de Bacharelato e Ciclo Medio de Comercio asistiron a unha amena e intrutiva exposición sobre as cuestións da seguridade en Internet. Desde os chats ata as redes sociais todo foi repasado por Fernando e Antonio do Grupo de Información sobre estes temas da Garda Civil. Desde aquí queremos agradecerlles o seu trato rigoroso  e ó mesmo tempo entretido. Aproveitando o tema anunciamos a colocación no blog dunha entrada sobre Internet segura que chamaremos “Gardade a hucha” e que vos levará a distintas ligazóns sobre o asunto.

Dende a Coordinadora de Equipos de normalización lingüística de Galicia ofrécennos esta interesante páxina do ENTROIDO



Materiais ricos e diversos sobre o entroido

1ª web galega de crítica de cine

En breve espazo de tempo teremos á disposición de toda a comunidade escolar unha grande e completa colección de cine en DVD, aproveitando este feito presentamos esta web sobre cine que enche un baleiro da cultura galega audiovisual( http://www.acuartaparede.com/?idioma=galego)

Nova páxina adicada ó ilustre ferrolán Carvalho Calero

Ademais da exposición adicada ó noso ilustre autor(foto da visita que fixeron os alumnos de 2º de bacharelato á mesma), a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra en colaboración co Concello de Ferrol elaboraron e impulsaron unha nova páxina web:: www.ferrolconcarvalhocalero.com

O arquivo sonoro de Álvaro Cunqueiro

Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro

Neste 2011 celebramos os 100 anos do nacemento dun dos escritores máis ricos e fecundos da nosa literatura, Alvaro Cunqueiro.

Como parte dos actos de celebración deste centenario, o Consello da Cultura Galega acaba de publicar na súa web unha selección de rexistros sonoros do mindoniense. Agora temos a oportunidade de escoitar,  entre outras pezas, a entrevista que lle fixo Margarida Ledo en 1973,  conferencias sobre os personaxes de Dante no Camiño de Santiago, as estruturas do mundo máxico galego ou a súa intervención cando foi nomeado Doutor Honoris Causa na Universidade de Santiago.

Mergulladas: o blog de cómics de Ferrolterra

Blog mergulladas
Blog mergulladas

Para os apaixonados polos cómics este é un blog imprescindible.

Nel atoparedes noticias sobre as novidades publicadas por autores de todo o mundo, pero tamén espazo para outros contidos culturais.

Histórico