Home » Literatura galega

Category Archives: Literatura galega

Elixido o autor das Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

Poeta de espírito reflexivo e sentimental, biógrafo de Castelao, modelo de integración de inquedanzas e saberes, VPA foi unha figura poliédrica e renacentista, onde as súas preocupacións arredor da economía e da empresa enxartábanse na mesma tarefa de desenvolver un proxecto político e cultural que sacase a Galicia da marxinación e o abandono, como sinalou nese libro fundamental da súa longa bibliografía La marginación de Galicia (1970). Toda a súa vida, pois, resúmese no compromiso expresado polo sintagma Galicia como tarefa, o título, tamén, dun dos seus ensaios máis emblemáticos, publicado en 1959 pola editorial Galicia do Centro Galego de Buenos Aires.

Tirado do blog Brétemas

Estupendo traballo sobre LOIS PEREIRO

Pinchando na imaxe

Realizado polo CEIP A Ponte

Ferimosísima iniciativa este domingo: omareonosopatrimonio

Letras Galegas 2011  Mareando as nosas letras

                            omareonosopatrimonio

 Paseo Marítimo pola ría de Ferrol Poesía e Música do Mar

Domingo 15 de Maio as 12 da Mañá:A Lancha de Mugardos dará unha volta pola ría, chea de música e poesía do mar.

 Colaboran connosco

Antón Cortizas/ Guillermo Ferrández,Karlotty/ Xosé Leira/ María Manuela e Xurxo/ Manolo Rivas/ Xurxo Souto/ Antón Varela

Participa connosco na defensa da nosa cultura mariñeira.

Animamos a todas as persoas que teñan embarcación a facer o seguimento da lancha.

Embarcados nun Cantar: Repartiremos folleto con letras de cancións mariñeiras

Coñecemos a Lois Pereiro, Letras Galegas 2011

 

Convidamos a toda a comunidade escolar á exposición conmemorativa sobre Lois Pereiro situada no vestíbulo. Nesta mostra de quince carteis podemos apreciar particularidades da figura e tamén das obras do escritor ao que se lle adican o Día das Letras Galegas 2011.

“Mundo Lois” páxina do espectáculo sobre o autor das Letras 2011

Dirixido por Antón Reixa percorre toda Galicia

Representante do centro no certame “Poesía e Imaxe”, Sandra Porto, alumna de 2º de Bacharelato de Ciencias, noraboa !!!

Imaxe premiada
Sandra recibindo o premio de mans do director do Centro, D.Francisco Rego

Xa temos páxina oficial do autor das Letras Galegas Lois Pereiro

 

A través do blog Mil primaveras máis

Xa temos a páxina oficial de Lois Pereiro. A obra e a vida deste gran artista nunha nova canle de difusión, chea de contidos audiovisuais, cun programa sobre futuros actos  arredor del. Esta web pretende servir de plataforma de difusión das publicacións e eventos que se están a celebrar sobre o poeta monfortino ao que este ano se lle dedica o Día das Letras

Para máis información: http://loispereiro.blogaliza.org/

(máis…)

O top 10 da literatura galega no 2010

Do blog de Ramón Nicolás “Caderno da crítica” as mellores ofertas narrativas deste ano pasado

  1. Periferia, de Iolanda Zúñiga. Premio Xerais 2010. Poderoso mergullo, heterodoxo e escasamente convencional, no universo das favelas paulistas, metáfora do propio mundo.
  2. O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro. Premio Lazarillo 2009. Unha documentada, intensa e moi solvente novela sobre os últimos pasos de Vicent Van Gogh.
  3. O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro. O retorno á Venecia das viaxes e descubertas asombrosas da man dun personaxe histórico revisitado con acerto.
  4. Todo é silencio, de Manuel Rivas. Novela-metáfora de intensas resonancias onde o narcotráfico é só un apoio para afondar nas tiranías exercidas desde o poder.
  5. Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras. Novo detective, atractivo argumento e outro éxito deste habilidoso e efectivo autor de novela negra.
  6. Obediencia, de Antón Lopo. Premio García Barros 2010. “Algo máis na ficción científica”, así titulei unha crítica e coido que aí se concentra a vontade renovadora e orixinal do autor.
  7. Futuro imperfecto, de Xulia Alonso. Unha das sorpresas da tempada: un percorrido autobiográfico conmovedor polas estremas da vida e da morte.
  8. Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes. O retorno devecido dun narrador que non defraudou, mesmo superando esixentes expectativas.
  9. O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre. Unha proposta narrativa suturada con moito enxeño, exhibindo un amplo abano de recursos para afondar nas incógnitas da propia condición humana.
  10. Un último destino, de Xosé C. Caneiro. O retorno ao espazo da vella Dalmara, poboada singularmente por eses personaxes melancólicos nun coidado exercicio de estilo.

Histórico