Home » Libros

Category Archives: Libros

Andrea, a nosa escritora, presenta a súa novela

Portada do libro

Este martes, 31 de maio, preséntase na Galería Sargadelos de Ferrol  a novela de Andrea Tomé, alumna de 1º de Bacharelato. Moitos parabéns para este feliz acontecemento e todo o ánimo da comunidade escolar do Ucha.

Do recén finado Ernesto Sábato, recomendación de “El Tunel”

      

Carmen Pernas, profesora de Inglés, recomenda esta novela curta do ano 1948
Lina por primeira vez estando en Santiago estudando, daquela que liamos todo o que chegaba ás nosas mans e cando os escritores hispanoamericanos estaban a publicar verdadeiras obras de arte.

      El Tunel é unha novela curta que moito me deu que falar e reflexionar e mesmo debater con outros compañeiros, porque eran tempos de inquedanza cando todo eran preguntas e non todas tiñan resposta.

     Con motivo da morte de Sábato o mes pasado relina, a sensación non foi a mesma porque eu non son a mesma.

     É unha novela subxectiva, todo o que sabemos é a través do narrador protagonista, un pintor chamado Juan Pablo Castel que é incapaz de comunicarse e vive unha soidade enfermiza nun mundo en progreso. O pintor atopa unha persoa, María Iribarne, que comprende a súa obra e a súa soidade. Castel vese quen de comunicarse intimamente, sen pararse a pensar que el e María non están no mesmo tunel senón en dous diferentes. A obra transmite pesimismo nos diálogos e nos personaxes. A esencia da novela é a soidade existencial de homes e mulleres que viven na incertidume e na inseguridade. É de doada lectura pero profunda e, a pesar dos anos, de moita actualidade.

Recomendación da obra clave da ferrolá Rosa Aneiros “RESISTENCIA”

Buscou o libro na FNAC de Lisboa, non o atopou, que desgusto!
Buscou a novela na FNAC de Lisboa e non a atopou, que desgusto!
Tivo moito que ver que  Rosa Aneiros fose de Valdoviño para que eu elixise este libro, despois a veciñanza de Portugal  tamén tivo o seu peso; mais para min, que vivo cunha persoa da “raia”, con moitos  costumes similares, parece todo máis preto.
Semella  que Rosa vivise en San Pedro de Moel nesa época, ao final o máis impactante é a “resistencia” dos seus personaxes e a loita polo que cada un cre. Dende aquela son unha lectora fiel de Rosa Aneiros e fago agasallos cos seus libros.
Eva Robles, profesora de Informática

Orixinal e interesante web para a mocidade lectora”Yosoyleeder”

Impulsada polo Ministerio de Cultura e nas catro linguas do Estado, incluído o galego, é unha fiestra ós mozos e mozas interesados pola lectura e o mundo dos libros

“La melancolía” de Haruhi Suzumiya’ de Nagaru Tanigawa

Este libro regaloumo unha amiga polo Nadal e pareceume un dos máis divertidos que lin na miña vida.

1ª novela de "Anime" recomendada por Andrea Tomé de 1º Bach.Hum.

Conta a historia de Kyon, un rapaz normal que vive convencido da infabilidade das leis da física, cuxo mundo dá un xiro de 180 graos ao coñecer a Haruhi Suzumiya. Haruhi é unha adolescente que vive á espera dunha inminente chegada de extraterrestres, viaxeiros no tempo ou persoas con poderes paranormais ao seu instituto. Kyon trata de manter a estabilidade do seu universo. Haruhi non coñece o significado da palabra “imposible”. Como acabará todo isto? A fundación da Brigada SOS é só o principio!

A historiadora Rosa Méndez deu unha charla do seu libro “Ferrol, Patrimonio e Sociedade”

A historiadora, ante o alumnado de Bacharelato, debullou o patrimonio ferrolán e a súa historia

O martes,12 de abril, ás 9´30 presentación e charla na Biblioteca

Rosa Méndez presenta "Ferrol, patrimonio e sociedade"

2ª Bach. Humanidades na Feira do libro

Os alumnos acudiron acompañados de Luzma e Pedro, leron textos de Castelao no Maratón de lectura e logo deron un paseo pola exposición a Juán Farias e polo postos da feira

Diante das ilustracións dos libros de Juán Farias

Do mércores 6 ó sábado 10 de abril, Feira do libro en Ferrol

Pinchando na imaxe programa da feira

O venres, no 2º recreo estades convidados ó nacemento do CLUB DE LECTURA “O cine e a literatura no Ucha”

Temos a idea de crear un “Club de lectura” e que mellor que facelo relacionándoo co cine, xa sabedes da colección nova da biblioteca, a idea é a seguinte:

–        unha vez ó mes escollerase unha obra da que haxa peli

–        ler a obra nun tempo acordado

–        un día que nos veña ben a case todos (á tardiña) ver a peli, tomar un café ou un chocolate con churriños e facer un pequeno coloquio sobre a obra literaria e como foi plasmado na pantalla…

REUNIÓN PREVIA: VENRES, 25 de marzo,

NO 2º RECREO NA BIBLIOTECA (12´05-12´20)

  ¡ Estades todos convidados, alumnos, profesores e traballadores do Centro!

Histórico