Home » Deporte

Category Archives: Deporte

Animada mesa-coloquio sobre “Historia do Baloncesto en Ferrol”

Participantes na mesa-coloquio
Participantes na mesa-coloquio

Este martes, 1 de febreiro, de 10´30 a 12 desenvolveuse unha animada mesa-coloquio sobre a historia do baloncesto en Ferrol, ó fío da publicación do libro “50 anos de Baloncesto en Galicia”, coa asistencia de Juán Fernández, Antonio Barros, Manuel Aller e Armenio Pazos , que deron unha repaso ó deporte da canastra desde múltiples puntos de vista. Asistiron alumnos dos Ciclos de Ensinanzas deportivas e de 1º de Bacharelato. Despois de pequenas exposicións dos catro relatores houbo un interesante coloquio

Breve repaso á historia do baloncesto en Ferrol, o vindeiro martes ás 10´30 na Biblioteca

Aproveitando á saída do libro “50 anos de baloncesto en Galicia” , o noso centro quere botar unha ollada á importante traxectoria deste deporte na bisbarra ferrolá, coa presenza de Juán Fernández, Antonio Barros, Manuel Aller e Armenio Pazos que darán un repaso ó pasado e ó presente do baloncesto ferrolán.

Histórico