Home » Cine

Category Archives: Cine

A sétima arte xa está aquí

O venres, no 2º recreo estades convidados ó nacemento do CLUB DE LECTURA “O cine e a literatura no Ucha”

Temos a idea de crear un “Club de lectura” e que mellor que facelo relacionándoo co cine, xa sabedes da colección nova da biblioteca, a idea é a seguinte:

–        unha vez ó mes escollerase unha obra da que haxa peli

–        ler a obra nun tempo acordado

–        un día que nos veña ben a case todos (á tardiña) ver a peli, tomar un café ou un chocolate con churriños e facer un pequeno coloquio sobre a obra literaria e como foi plasmado na pantalla…

REUNIÓN PREVIA: VENRES, 25 de marzo,

NO 2º RECREO NA BIBLIOTECA (12´05-12´20)

  ¡ Estades todos convidados, alumnos, profesores e traballadores do Centro!

Mostra de documentais en galego

O vindeiro mércores 23 de marzo e organizado polo Ateneo ferrolán desenvolverase na Capela do Torrente Ballester esta interesante mostra de documentais, ás sete da tarde.

En Ferrol desenvólvese o 1º Certame de Cine da Muller

No Cine Dúplex de Ferrol (Esteiro) ás 18 todos os días desta semana

Xa tedes á vosa disposición unha grande colección audiovisual na biblioteca

Esta non a temos:[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=cq9IKsH9BXg[/youtube]

pero estas si, e moitas máis. Podedes consultar o catálogo, tanto no xeral coma a ligazón chamada audiovisual. Aquí tedes un adianto:

1ª web galega de crítica de cine

En breve espazo de tempo teremos á disposición de toda a comunidade escolar unha grande e completa colección de cine en DVD, aproveitando este feito presentamos esta web sobre cine que enche un baleiro da cultura galega audiovisual( http://www.acuartaparede.com/?idioma=galego)

Histórico