Home » Actividades do Centro

Category Archives: Actividades do Centro

Ata o vindeiro curso!

Nesta víspera de San Xoán, o blog da biblioteca pecha até o próximo curso. Esperamos que os artigos aquí publicados foran do voso interese e por suposto desexámosvos unhas estupendas vacacións cheas de soliño, festas e relaxación para afrontar os novos proxectos coas pilas ben cargadiñas.

Despedímonos coa mágoa de saber que para o ano seguinte o noso centro xa non contará co Bacharelato na súa oferta educativa. Perdemos unha parte moi importante da nosa comunidade escolar, e referímonos aquí sobre todo ós alumnos e ós profesores, que tan activamente colaboraron coa posta en marcha deste blog.

Saúdos agarimosos!!!

Noraboa ós aprobados da Selectividade

Xa que desde a web do Centro non se felicitou, quero desde aquí dar os parabéns ós 16 aprobados (de 18) no Selectivo.

A moi grata visita de Iván García na prensa

A visita do autor de "O imposible de desatar" no Diario de Ferrol de hoxe

Nunha charla amena e moi interesante Iván García Campos debullou a súa novela para os alumnos de 1º de Bach.

De autor a autora, Iván asínalle o libro a Andrea, a nosa escritora de 16 aniños

         O autor premiado este ano co Premio Blanco Amor de novela (“O imposible de desatar”) falounos na Biblioteca do Centro da súa obra. Nun ambiente de atención e interese Iván explicounos moitos aspectos da novela, desde o seu concepto da obra literaria ata o proceso de presentación ó premio. Logo da exposición houbo un animado coloquio no que alumnos dos Bacharelatos (ordinario e adultos) preguntaron por diversos aspectos da obra. Finalmente Iván prestouse amablemente a asinar distintos exemplares. Desde este blog queremos agradecerlle a súa colaboración e darlle as grazas pola súa visita.

O vindeiro martes, 24 de maio( á tardiña 17.15) estará connosco na Biblioteca o último gañador do”Premio Blanco Amor de Novela”

       

O escritor e a portada da súa novela premiada

 O próximo martes Iván García Campos virá  falarlles ós alumnos de 1º de Bacharelato da súa novela publicada en Galaxia e premiada co “Blanco Amor 2010”: “O imposible de desatar“. Escritor de relatos curtos e profesionalmente vinculado ó mundo do deporte Iván aborda nesta súa primeira novela o mundo da familia e todos seus segredos máis fondos. Agardámolo expectantes.

Resolución do Concurso de Fotografía

Reunido o Equipo da Bibiblioteca decidiu declarar o concurso de fofografía “Persoas lendo”  deserto.

Nova Sección: “AS XENTES DO UCHA”

Imos sumando, á sección do Recuncho do lector, imos engadir unha nova, por iniciativa da profesora de Historia Divina Arnoso, e que imos chamar “XENTES DO UCHA”. A idea é recoller actividades sobranceiras que os membros da comunidade escolar ( alumnos,profesores…) fagan alén das aulas.

LEMBRAMOS QUE O PRAZO PARA O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA É O VENRES ,6 DE MAIO

A hucha na prensa:charla de Rosa Méndez

A historiadora Rosa Méndez deu unha charla do seu libro “Ferrol, Patrimonio e Sociedade”

A historiadora, ante o alumnado de Bacharelato, debullou o patrimonio ferrolán e a súa historia

Histórico