Home » Xentes do Ucha

Category Archives: Xentes do Ucha

Andrea Tomé, alumna de 1º Bach., a nova Rowling

Andrea coa súa novela

“La crónica de los elfos: los dos hermanos” é o título da novela fantástica que Andrea, de 16 anos, vén de publicar en Nóstrum (nas librarías a semana que vén) e presentada en Sargadelos  o martes 31.A nosa noraboa a esta nova, e seguro, brillante escritora. Moitos ánimos nesta nova andaina que comeza de toda a comunidade escolar do Ucha.

En “La Voz de Galicia” de hoxe, martes,10 de maio.

Con Esther Mesías damos inaugurada a nova sección “XENTES DO UCHA”

Ester Mesías Rodríguez, alumna de 2º curso de bacharelato, é unha magnífica especialista en encadernación

Traballos de Esther

 artesá. Coma ela mesma conta, “no ano 1990 fixen un curso de Encadernación  e gustoume tanto que partir de entón  ata hoxe seguín perfeccionándome e comecei a enfocar a miña actividade profesional vendendo para tendas de artesanía”.

Esther é membro da Asociación Galega da Encadernación, ten a carta de artesá da Xunta de Galicia e participou en moitas exposicións. No ano 2005, unha das súas obras foi seleccionada polo Ministerio de Cultura no concurso de encadernación do premio Cervantes.

Actualmente traballa como monitora do taller de encadernación da asociación ASPANES de Ferrol

Nova Sección: “AS XENTES DO UCHA”

Imos sumando, á sección do Recuncho do lector, imos engadir unha nova, por iniciativa da profesora de Historia Divina Arnoso, e que imos chamar “XENTES DO UCHA”. A idea é recoller actividades sobranceiras que os membros da comunidade escolar ( alumnos,profesores…) fagan alén das aulas.

Histórico